Skip to main content
Lugo

A Castrexa de Yoe33 foi elexido como o mellor mural do mundo en xuño

Por 17 Xullo, 2023Sin comentarios

O mural da Castrexa, obra de Yoe33 foi elixido como o mellor mural do mundo do mes de xuño na plataforma Street Art Cities tras facerse co maior número de votos polo que a muller que representa os antepasados da cidade de Lugo está agora nun escaparate internacional.

A Castrexa foi elaborada polo artista Manuel Pallín e naceu co obxectivo de ser o contrapunto do aclamado Julio César de Diego As e así representar as dúas partes da historia. Hai apenas un mes e medio que o artista lucense terminou o gran mural, situado na Rolda da Muralla sobre unha fachada de 20 metros. A principal plataforma de arte urbana, Street Art Cities, elixiu esta obra como unha das 25 nomeadas para o mellor grafiti do mundo no mes de xuño. Trátase dunha competición que realiza cada mes.

A plataforma comunicábao este domingo nas súas redes sociais. Esta vitoria tamén outorga ao artista un pasaporte directo á competición polos mellores murais do 2023.