Skip to main content
Lugo

O PP de Lugo pregunta pola renovación do Plan de Emerxencias

Por 19 Xullo, 2023Sin comentarios

O Partido Popular preguntará ao goberno local cando vai a actualizar o Plan de Emerxencias de Lugo que leva 16 anos sen revisar, segundo indican.

O documento que se aprobou en 2007, e que se pode consultar na web do concello de Lugo, “está obsoleto cunha cartografía desactualizada, un listado da normativa de aplicación directa ou indirecta sen renovar e tampouco figura o catálogo de recursos reais que ten o Concello de Lugo para afrontar calquera emerxencia”, din.

Dende o PP se pediu ata en 2 ocasións a revisión do PEMU: a primeira proposición que se debatiu en pleno foi en 2018, daquela o PSOE votou en contra, e a segunda ocasión na que se levou a debate foi en 2021 conseguindo o respaldo unánime de todas as forzas políticas.

Pese ao consenso pasaron dous anos e seguimos no mesmo punto “sen actualizar un documento indispensable do que depende a seguridade e a integridade de miles de lucenses”.

Para os populares é moi grave que o Plan de Emerxencias leve 16 anos sen modificarse: non contempla a existencia de barrios enteiros como o de Augas Férreas, nin edificios construídos durante ese periodo de tempo como son o novo auditorio de Magoi, a nova comisaría da policía local, a sede da seguridade social da Avenida de Madrid ou centros comerciais como o das Termas, “iso por non falar de infraestructuras como a ponte branca”.

O vicevoceiro do PP explicou que “tal e como está o documento non é útil porque non se axusta á realidade do municipio en caso de afrontar un perigo que puidera xurdir” matizando que “debría ser un documento que deixe pouca marxe á improvisación e que se actualice de forma periódica e constante”.

Os populares lembran como houbo un convenio coa universidade para actualizar cada seis meses ou cando se producise algunha outra novidade que fóra necesaria sinalar algo que tampouco foron capaces de cumprir.

Para Rozas á vista de que pasan os anos e non hai novidades sobre a situación do Plan de Emerxencias de Lugo solicita información sobre a situación na que se atopa a súa actualización se é que se deu a orde de proceder a revisar este documento.