Skip to main content
Lugo

A Diócese de Lugo incorpora unha escola infantil á súa rede de centros escolares

Por 20 Xullo, 2023Sin comentarios

A Diocese de Lugo anunciou que contará cunha Escola infantil a partir do próximo 1 de setembro de 2023. Trátase da coñecida Escola Pepa Vagalume, de 0 a 3 anos, situada na rúa Agro da Torna 16, da capital luguesa.

Ante esta noticia, a Diocese manifesta que quere “dar un novo impulso ao constante traballo educativo da Igrexa
na nosa terra lucense”, contando xa con outros tres centros diocesanos na cidade: María Auxiliadora, A Milagrosa e San Lorenzo.

A pretensión deste cambio de titularidade é ofrecer un proxecto educativo católico “coa mirada posta na formación integral dos nenos e que permita daquela unha continuidade da devandita educación en calquera dos colexios educativos cos que conta a institución” .

Ademais, a pretensión é dar unha nova imaxe á escola, cunha renovación das instalacións, unha mellora do método educativo, pero dentro dunha liña de continuidade coas traballadoras que xa ten o centro. A iso súmase o cambio de nome, que pasará a denominarse Escola infantil Neno Jesús.

“Desexamos que a Escola, nesta nova etapa, poida continuar o seu camiño con renovada ilusión e seguir adiante na misión educativa, que se suma así á realidade xa existente nos outros tres colexios”, dixeron dende a Diócese.