Skip to main content
Lugo

Unhas 4.000 persoas asistiron en Lugo ao mitin de Pedro Sánchez

Por 20 Xullo, 2023Sin comentarios

O presidente do goberno e candidato do PSOE á presidencia do goberno, Pedro Sánchez, desbordou o mitin en Lugo no que pediu aos galegos e galegas que acudan masivamente ás urnas: “non nos deixemos arrebatar os nosos dereitos e liberdades, alegou.

O auditorio Gustavo Freire quedou pequeno este xoves para recibir a un Pedro Sánchez que confía na “remontada” do próximo domingo. Máis de 4.000 persoas acudiron ao encontro entre as que entraron no edificio e as que quedaron agolpadas nas inmediacións do mesmo, as cales puideron saudar ao presidente e candidato, quen tivo unhas palabras de desculpa porque non puideran entrar, así como de agradecemento polo seu apoio.

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, cualificou ao candidato socialista como “Pedro, o galego”, xa que entende que o socialista fixo máis pola comunidade autónoma que outro presidente que naceu en Galicia, como Rajoy. Ao expresidente popular, que tamén estivo en Lugo pola mañá, reprochou que “fallou a este país” cos gandeiros que tiñan que vender a perdas e as máis de 4.000 mulleres galegas “do mar” que cobraban menos pensións que os homes, dúas situacións que solucionou o executivo socialista.

“ARRODILLARSE ANTE OS “PODEROSOS”

Tivo unhas palabras para Feijóo, ao que desexou unha pronta recuperación pola súa lumbalxia que Formoso atribúe a “arrodillarse” ante os “poderes mediáticos”, ante as “eléctricas” e ante os “bancos”. Emprazou a Feijóo a demostrar que “é un neno de aldea” e que “defenda ao pobo e non aos poderosos”.

Rematou pedindo o voto para “coidar a flor do Partido Socialista” e preservar a “liberdade, a “igualdade”, a “democracia” e “todos os nosos dereitos”. “Fagámolo polas nosas raíces, pola nosa historia, polo esforzo dun partido histórico”, sinalou Formoso para finalizar reclamando que “o domingo votemos con forza, chamemos á mobilización absoluta” e pidamos o voto a todo o mundo.

EN PLENA REMONTADA

O presidente do goberno de España e candidato á reelección polo PSOE comezou a súa intervención agradecendo o apoio especialmente “á xente que quedou fóra” á que mandou un afectivo abrazo. Chega confiado de gañar o domingo, xa que considera que “o PP chega desfondado” e “nós en plena remontada”.

Sánchez reprochou a Feijóo que non acudira ao debate, o que entende como unha “falta de respecto ao cidadáns e á democracia”. Remarcou que o popular non acudiu porque “é imposible responder á súa montaña de mentiras” e debido a que “dálle vergoña aparecer ao lado de Abascal”, non así “recibir os seus votos, asumir as súas políticas nin gobernar con el”.

A pesar de que haxa moitos motivos para a vitoria socialista, Pedro Sánchez destacou que confía na vitoria “porque este non é un país de retrocesos”, senón un que sempre que tivo que decidir “sempre elixiu avanzar”. Para o líder socialista non són unhas eleccións máis porque “non falamos de alternancia, porque apareceu Vox e ultradereutizou ao PP tamén”.

O candidato socialista ve ilustrativo que PP e Vox nos lugares nos que gobernan xuntos, “o primeiro no que se poñan dacordo sexa en negar a violencia machista, o diálogo social e en atacar ao colectivo LGTBI”. “Xogámonos dereitos e liberdades que non son do PP e de Vox, son vosos e non vos ides deixar arrebatar votando ao PSOE”, sentenciou.

Así mesmo, pregúntase “como é posible que despois do que pasamos, poñan ao fronte de institucións a persoas abertamente negacionistas e antivacinas”. “Non debemos banalizar, pero non sei de onde sacan a esa xente”, sendo España “un país referente en dereitos e liberdades”, apuntou.

“QUE GAÑEN AS MULLERES”

Pedro Sánchez pediu “o voto de todo o mundo”, incluso dos ex votantes populares “que non queren un goberno con Vox” porque considera que o que lles une é “que queremos seguir avanzando e non un país que retroceda 20, 40 ou ata 80 anos atrás”. Apelou tamén aos votantes novos que recibiron bolsas para estudar e máis prazas de FP, así como aos 10 millóns de pensionistas que “teñen que saber que Feijóo votou en contra” da revalorización das súas pensións.

Finalizou pedindo expresamente o voto para que gañen “as mulleres fronte os machistas”, “os aplausos da pandemia fronte as caceroladas”, a “ciencia fronte os negacionistas”, o “respecto contra os insultos” e “a verdade contra a mentira”. “Adiante, a vitoria está cerca, estamos de remontada, imos a gañarlles o 23 de xullo. A por elo”, concluíu o presidente.

LUGO E GALICIA CLAVES PARA O TRIUNFO

O cabeza de lista por Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, recordou que “as mentiras do PP” quixeron acabar coa súa carreira política a base de “anónimos”, pero que “non nos tumbaron e temos máis ilusión que nunca” alegou. Tamén prometeulle a Pedro Sánchez que “Lugo e Galicia vanno volver facer presidente”.