Skip to main content
Lugo

Alexandre Penas anuncia a instalación de 4 novas marquesiñas e a ampliación da situada no HULA

Por 23 Xullo, 2023Xullo 24th, 2023Sin comentarios

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, anunciou que o Goberno de Lugo vén de adquirir novas marquesiñas para o bus urbano. Penas explicou que “continuamos a mellorar o servizo de transporte público, atendendo ás solicitudes que nos chegaron por parte da veciñanza reclamando novas marquesiñas en distintas zonas da cidade”.

O Goberno de Lugo adquiriu 4 novas marquesiñas, cun investimento de 31.460 €, que se instalarán nas paradas situadas na rúa da Industria (fronte ao Gadis), no polígono das Gándaras (fronte a Audi), en Xosé Castiñeira (fronte ao conservatorio) e na Estrada nova de Santiago.

A concellería de Infraestruturas Urbanas traballa tamén na ampliación da marquesiña situada xunto ao HULA, cun investimento de 17.908 €. A reforma consiste na “aplicación de tratamento anticorrosivo en toda a marquesiña existente, unha man de imprimación e dúas de acabado, nas mesmas cores que os actuais, ademais do seu lixado completo”, explicou Penas. Por outra banda, procederase á substitución dos asentos e respaldos por outros novos, “para que os catro bancos presenten a mesma fisonomía”.

“Seguimos traballando na ampliación do mobiliario urbano, escoitando sempre as solicitudes da veciñanza e buscando a mellora da imaxe da cidade”, afirmou Alexandre Penas, que engadiu “avanzamos de cara a unha mobilidade máis ecolóxica na que a xente aposte polo transporte urbano no canto de usar o vehículo privado”.