Skip to main content
Axenda CaducadaMonterroso

O espazo cultural Lorenzo Varela de Monterroso acolle a mostra Berces de vida

Por 6 Xullo, 2023Sin comentarios

O espazo cultural Lorenzo Varela do concello de Monterroso acolle a mostra Berces de vida, un paseo polos bosques de España. Esta exposición estará aberta ata o 27 de agosto en horario de luns a venres de 8.30 a 14.30 horas.

Trátase dunha mostra solidaria que se realiza dentro do programa Cultura por Alimentos de Afundación. As persoas interesadas en asistir poderán realizar as súas doazóns de alimentos non perecedoiros. As doazóns irán dirixidas á despensa municipal de alimentos de Monterroso.