Skip to main content
Palas de Rei

Conde sinala que Feijóo impulsará unha economía baseada no talento, na innovación e o coñecemento

Por 8 Xullo, 2023Sin comentarios

O cabeza de lista popular ao Congreso polo PP, Francisco Conde, visitou as instalacións, aínda en fase de posta a punto, da empresa Bioflytech en Palas de Rei, dedicada á cría de larvas de mosca para a fabricación de fariñas, e destacou que un dos obxectivos do aspirante do PP á presidencia do Goberno, Alberto Núñez Feijóo, é, precisamente, impulsar unha economía baseada no talento, na innovación e o coñecemento.

Conde estivo acompañado, entre outros, polos tamén candidatos José Manuel Barreiro, Juan Serrano, Cristina Abades e Sara Ruiz, así como polo alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada. Conde explicou que os populares pretenden impulsar un crecemento sostible, e un dos piares para conseguilo é o apoio á innovación e o coñecemento. Nesta liña, lembrou, defenden a substitución do réxime de licencia pola declaración responsable, a ampliación do silencio positivo como regra por defecto na relación co Administración, fomentar o crecemento do tamaño das empresas, elevar o investimento en I+D+I e atraer máis capital estranxeiro.

O candidato popular puxo como aval dos compromisos que adquire Feijóo en materia económica o traballo desenvolvido pola Xunta de Galicia baixo a súa presidencia, cun compromiso firme co desenvolvemento sostible, para avanzar cara a economía circular. Esta empresa -dixo Conde- é un exemplo de desenvolvemento respectuoso co medio ambiente.

Esta granxa de Bioflytech para a  cría de larvas de soldado negro e un proxecto estratéxico e innovado que se está levando a cabo dende o rural. Ao ter un entorno de produción completamente pechado ao exterior reduce a emisión de gases invernadoiro. Bioflytech producirá máis de 12.000 toneladas anuais de larva fresca de mosca para posteriormente desenvolver fariñas proteicas e graxas destinadas a alimentación animal. Esta iniciativa empresarial supón a creación de 50 empregos directos e uns 75 indirectos.

Francisco Conde destacou tamén que se Feijóo é o próximo presidente de España, o Goberno adoptará as medidas necesarias para aproveitar con eficacia os fondos europeos, mediante unha cogobernanza real coas Comunidades Autónomas e cos axentes socioeconómicos.