Skip to main content
Axenda CaducadaPedrafita

Pedrafita do Cebreiro prepara unha nova edición das Festas do Peregrino

Por 15 Xullo, 2023Xullo 17th, 2023Sin comentarios

O Concello de Pedrafita do Cebreiro prepara unha nova edición das Festas do Peregrino para os vindeiros 28 e 29 de xullo.

Os festexos comezarán o venres 28 ás 21.30 cunha pancetada e chourizada popular que irá seguido da verbena ás 22.30 a cargo da Tania Veiras e Trío D’Nika.

O sábado 29 a misa solemne e a procesión dan comezo os festexos ás 13.00 seguido dunha sesión vermú a cargo da Asociación Cultural Abrente. Pola tarde haberá talleres artísticos de globoflexia, maquillaxe e xogos populares para os nenos.

E xa pola noite a verbena comezará ás 23.30 horas coa orquestra New York, a discoteca móbil Coco Music e o DJ Marcos Magán.