Skip to main content
Axenda CaducadaRibeira de Piquín

Ribeira de Piquin celebrará as súas Festas do Verán a finais de mes

Por 9 Xullo, 2023Sin comentarios

O concello de Ribeira de Piquin celebrará o vindeiro venres 28 e sábado 29 de xullo as súas Festas do Verán.

A comisión de festas informou de que o día 28 haberá unha degustación gratuíta de porco celta ao espeto amenizado pola verbena a cargo de Mar de Arousa.

Na xornada do sábado haberá unha sesión vermú a cargo do grupo Alba que dará paso ao xantar popular na área recreativa mediante reserva de entradas nos números 646 536 665 ou 680 606 199.

Tamén comunicaron que contarán con actividades acuáticas ao longo da tarde para todos os públicos e para rematar a festa o grupo Alba e o Combo Dominicano porán a nota musical.

A nova comisión de festas está formada por Marcos Cabo Torneiro e Alberto Felipe Fernández e están traballando para que durante os días festivos a xente desfrute “dunha festa por todo o alto”, din.

Así mesmo, contan cun amplo surtido de camisetas da celebración en diversas tallas que se poden mercar aos membros da comisión.