Skip to main content
Comarca RIBEIRASACRAXA

Varios concellos da Ribeira Sacra abriron as portas das súas piscinas municipais esta fin de semana

Por 3 Xullo, 2023Agosto 28th, 2023Sin comentarios

Diversos concellos do sur de Lugo abriron esta fin de semana as súas piscinas municipais ao comezar oficialmente o verán coa chegada do calor e do mes de xullo.

Así, no caso do Concello de Quiroga, as piscinas abrirán todos os días desde as 12.00 ata ás 08.00 así como o servizo de cafetería, que estará dispoñible no mesmo horario que estas instalacións municipais. Deste forma, preténdese dar comezo á tempada estival no municipio dando a benvida ás actividades ao aire libre propias desta época do ano e poder gozar do verán e practicar deporte nas instalacións.

Pola súa parte, a piscina municipal de Chantada tamén abriu as súas portas, que pecharán o vindeiro 3 de setembro. Así, o horario será de 12.00 a 14.00 horas e de 15.00 a 20.30 horas de luns a venres, e de 12.00 a 20.00 horas durante os fins de semanas. O 28 e 29 de agosto permanecerán pechadas debido ás festas patronais de Chantada.

O Concello de Pantón tamén abriu as súas piscinas municipais esta fin de semana, que se manterán ata setembro e que abrirán en horario ininterrompido de 13.00 a 21.00 horas.

Máis piscinas nos concellos do sur de Lugo

Da mesma maneira, o Concello de Carballedo e o Concello de Taboada adiantáronse aos demais e abriron as portas das súas piscinas municipais o 30 de xuño, venres. No caso de Carballedo, a piscina abrirá todos os días de 16.00 a 21.00 horas. Mentres, en Taboada abrirá nese horario de luns a venres, pero as fins de semana e festivos, abrirá de 12.30 a 21.00 horas.

Por último, no Concello de Sober tamén deron a benvida a tempada de verán coa apertura este sábado da piscina municipal, que abrirá de 15.00 a 21.00 horas todos os días. Ademais da entrada para calquera veciño a pasar a tarde, nas piscinas municipais terán lugar os cursos de iniciación ou perfeccionamento para nenos e nenas a partir de 4 anos os martes e xoves.