Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

Besteiro apela no arranque da campaña en Lugo ao voto útil

Por 7 Xullo, 2023Sin comentarios

O cabeza de lista ao Congreso defendeu o “lucensismo” en Madrid para que a provincia siga sendo unha prioridade na axenda política estatal e os seus proxectos non queden esquecidos nun caixón”.

“É un momento histórico á altura da Transición. Por primeira vez, con Feijóo e Abascal, que son o mesmo, a ultradereita pode volver entrar no goberno despois de Franco. Xa é unha realidade en moitas Comunidades Autónomas”, alertou o cabeza de lista do PsdeG-PSOE ao Congreso por Lugo no arranque de campaña que tivo lugar na Muralla de Lugo.

Máis de 200 persoas, entre as que estaban a alcaldesa da cidade, o presidente da Deputación e a subdelegada do Goberno, arrouparon aos candidatos do PSdeG-PSOE da provincia e amosaron de xeito simultáneo nos seus dispositivos dixitais o cartel de campaña dos socialistas para as próximas eleccións xerais: Pedro Sánchez e o lema España Avanza. Os socialistas fixeron unha “pegada” virtual e 100% sostible na que Gómez Besteiro defendeu o traballo feito polo Goberno de Pedro Sánchez na provincia e apelou ao “único voto útil posible”, o do Partido Socialista: “Isto é así, o 23X xogámonos seguir avanzando ou retroceder; progresar ou volver ao caixón, gozar en liberdade dos nosos dereitos ou ver como a censura e o medo gañan cada vez máis terreo”.

Enumerou unha por unha as medidas do Goberno Sánchez que beneficiaron á cidadanía, “medidas que salvaron moitos negocios e que sostiveron miles de fogares e nas que o PP de Feijóo votou en contra de xeito sistemático”. O aumento das pensións, o incremento do salario mínimo interprofesional, o freo aos prezos da luz, dos alimentos e dos combustibles ou as axudas aos autónomos, ás empresas e ás familias en plena pandemia. “Todos estes feitos son hoxe a nosa mellor carta de presentación porque demostran que, fronte á propaganda das dereitas, nos traballamos e cumprimos as nosas promesas, “mentres que os gobernos do PP aos lucenses sáenos moi caros. O propio Feijóo sáenos moi caro a todos”.

Insistiu Besteiro en que “fronte a campaña da manipulación e das mentiras de Feijóo e da ultradereita, os socialistas plantexamos un proxecto para que España, Galicia e Lugo sigan avanzando”. Por iso, sinalou, “si eres muller, si falas galego, si cobras unha pensión, si eres empregado o autónomo, si non eres fillo de… e sabes o que custa a vida, tes en nós, os socialistas, o único partido que te defende”.

“Os socialistas non baixamos á rúa só para facer campaña electoral. Coñecédesme, sabedes que estarei aí para todos porque para min ser de Lugo é un orgullo, é un xeito de estar no mundo, é medrar sen esquecer as nosas raíces”. Por último, lanzou unha mensaxe cargada de optimismo: “Temos forza e imos a por todas, sempre cara adiante”, concluíu.