Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

O BNG chama a participar na manifestación do Día de Galicia en Santiago

Por 24 Xullo, 2023Sin comentarios

O BNG de Lugo chamou á veciñanza a participar na manifestación do día da Patria Galega o vindeiro 25 de xullo en Compostela. O portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, explicou que o día da Patria celebra “unha data especial para as e os nacionalistas, e para o conxunto da cidadanía galega, por ser a data que as Irmandades da Fala escolleron para celebrar o feito de que a Galiza é unha nación: cunha lingua e cunha cultura propias.

Mais, a organización nacionalista entende que, ademais de ser un día de festexo tamén é un día de reivindicación. “Defendemos unha Galiza máis igualitaria, máis forte, próspera e libre, especialmente neste contexto de crise social na que precisamos avanzar para e gañarmos o futuro” destacou Arroxo, que chamou a confiar nas propias capacidades que ten o País e a aspirar a un maior autogoberno, con capacidade para defender os intereses da Galiza e mellorar a vida dos galegos e galegas.

Arroxo considera probado que o BNG é a “única forza política que, de forma permanente, antepón os intereses dos galegos e galegas diante de calquera outra cousa”. Arroxo afirmou que é preciso “o BNG traballará sempre para defender os intereses da Galiza”.