Skip to main content
Folgoso do Courel

A baixada de carrilanas en Folgoso do Courel terá lugar o vindeiro 22 de xullo

Por 9 Xullo, 2023Xullo 10th, 2023Sin comentarios

O vindeiro 22 de xullo terá lugar a baixada de carrilanas en Folgoso do Courel dentro das actividades da Festa da Cultura e a Tradición que terán lugar esa fin de semana.

Todas as persoas que queiran participar poderán apuntarse ata o vindeiro 15 de xullo, incluso os menores, que poderán formar parte desta nova edición acompañados por un adulto.

A baixada comezará no antigo colexio e rematará na Praza de Fondo de Vila, percorrendo as principais rúas de Folgoso do Courel. Ao final do evento, entregaranse os trofeos para as tres máis rápidas, así como á máis orixinal e tradicional. Tamén se darán medallas para todos e todas as participantes.