Skip to main content
Folgoso do Courel

Cancélase o Filandón das Rapatoxas por “motivos alleos á Asociación” e terá lugar en setembro

Por 11 Xullo, 2023Sin comentarios

A Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Caurel suspende o Filandón das Rapatoxas previsto para o 15 de xullo ata setembro debido a “motivos alleos á Asociación”.

Así, dixeron que senten as molestias que poida ocasionar aos veciños e veciñas de Vilarmor do Courel, así como ás persoas que tiñan pensando acudir á cita en Folgoso do Courel.

Ademais, explican que se pospón “para asegurar a máxima participación posible da xente nos obradoiros” e din que “é importante xuntar todas as actividades no mesmo fin de semana porque festas hai moitas, pero estes obradoiros son únicos”.