Skip to main content
Folgoso do Courel

Caurel Vivo critica que ata o 26 de xullo non vai haber atención urxente para os pacientes que o necesiten

Por 25 Xullo, 2023Xullo 26th, 2023Sin comentarios

A agrupación política Caurel Vivo denuncia “o abandono asistencial de xeito sistemático ao que o Sergas ten sometido aos usuarios do Centro de Saúde de Seoane do Courel” con respecto da situación que se produciu durante o luns, día 24 de xullo.

Así, explican que o Centro de Saúde de Seoane non tivo cobertura médica durante toda a xornada laboral, “quedando pacientes sen ser atendidos cando solicitaban cita médica non urxente para este día e quedando unicamente a PSX e o persoal de enfermería para a atención dos usuarios”.

Como hoxe, martes 25 de xullo, é o Día de Galicia e é festivo, os pacientes deste centro non terán atención non urxente ata o día 26, “nunha zona de gran dispersión demográfica e cunha poboación envellecida” e, en caso de urxencia, “habería que mobilizar os compañeiros do centro máis próximo, situado aproximadamente a 20-30 minutos en coche pola estrada LU-651 nun tramo en obras que dista moito de estar en condicións para este tipo de mobilización”, sosteñen desde a agrupación.

Por todo isto, desde Caurel Vivo esixen unha “absoluta prioridade para a cobertura dos centros unitarios rurais para garantir os dereitos básicos asistenciais de toda a cidadanía”.