Skip to main content
Monforte

Os populares de Monforte cren que hai que ser “máis transparentes coa cidadanía”

Por 5 Xullo, 2023Sin comentarios

O Partido Popular de Monforte critica que o alcalde de Monforte, José Tomé, anunciara en campaña electoral a creación dunha praia fluvial “como un acto de propaganda”, xa que a portavoz popular, Katy Varela pediulle o expediente tramitado para a súa creación e o alcalde dixo que “as actuacións realizadas por esta Alcaldía son actuacións preparatorias que, ata este momento, non deron lugar a iniciación dun procedemento administrativo”.

Nesa resposta, segundo a portavoz dos populares, “sinálase que non existe tal expediente e coa información que deu á cidadanía, todo parecía indicar que existía un expediente preparado para saír a licitación, pois o alcalde describiu con bastante detalle o que quería facer, explica.

Así, Varela di que “este escrito de resposta á nosa solicitude indícanos claramente que foi outro acto de propaganda do alcalde, que ademais, bordeando a ilegalidade, fixo un anuncio de campaña utilizando as instalacións municipais”.

No PP de Monforte teñen claro que “cos cidadáns hai que ser máis sinceros e transparentes”, ademais de que cren que hai prioridades, porque “Monforte ten un claro problema coa auga que incide no seu saneamento e o primordial é solucionalo para poder gozar despois desas zonas de baño tan desexadas entre os cidadáns”.