Skip to main content
Monforte

O BNG protagonizou un mitin en Monforte no que defenderon a necesidade dun deputado no Goberno do Estado

Por 6 Xullo, 2023Sin comentarios

Ana Pontón, a portavoz do BNG, protagonizou un mitin en Monforte no que destacou que o vindeiro 23 de xullo o BNG volverá saír “a por todas desde o convencemento de que é posible un grupo galego forte no Congreso, do que Daniel Castro formará parte como deputado e colocará Lugo no mapa facendo valer os intereses desta provincia ante o Goberno do Estado”.

“Fronte aos que din que non, que non se pode, este 23 de xullo o BNG vai demostrar que si, que imos facer posible que Lugo teña voz e voto cun deputado do Bloque que, fronte á procesión dos caladiños da forzas estatais, faga respectar Lugo en Madrid e faremos historia con Dani Álvarez como deputado para defender os intereses de Lugo”, recalcou, en referencia ao cabeza de lista ao Congreso.

“Cando nos dicían que non íamos ser a alternativa ao PP, demostramos que si, e hoxe o Bloque está máis cerca que nunca de chegar á Presidencia; cando nos dicían que non íamos ser a forza que máis subira nas municipais, demostramos que si e o 23 de xullo volveremos demostrar que nada é imposible e que Galiza terá un grupo galego forte para facerse respectar en Madrid, porque cada vez son máis os galegos e as galegas “fartas” da discriminación das forzas estatais.

O BNG para Lugo

Pontón subliñou o moito que Lugo e Galiza se xogan na cita coas urnas e apelou a todas as persoas “que lle queren” ao país para dicirlles que “non é momento de votar polo mal menor, nin por medo; ao contrario, pídolle a todos galegos e ás galegas que o 23X voten con ilusión e con esperanza por un grupo galego forte, sabendo que o BNG non lles vai fallar”, recalcou.

Non serán as forzas estatais, que din unha cousa aquí e a contraria en Madrid, as que que defendan un tren do século XXI, a tarifa eléctrica galega; investimentos xustos ou máis xulgados de violencia de xénero; porque actúan como  sucursais de Génova e Ferraz. Por iso, argumentou, “un só deputado do BNG foi máis útil que os 22 restantes logrando, por exemplo, a electrificación do tren entre Lugo e Ourense”.