Skip to main content
A Pobra do Brollón

Comeza o primeiro festival Brindadeira de improvisación oral na Pobra do Brollón

Por 22 Xullo, 2023Outubro 2nd, 2023Sin comentarios

A partir das 13.00 horas comeza o primeiro festival Brindadeira de improvisación oral na parroquia de Ferreiros impulsado polo Concello da Pobra do Brollón e no que participarán improvisadoras e músicas de toda Galicia e do País Vasco.

A Casa da Cultura Olga Novo acollerá o primeiro acto do día, a presentación da editorial Consonni e pola tarde, ás 17.00 horas, terán lugar os obradoiros infantís e adultos de brindos aos que as persoas interesadas poden apuntarse.

Logo, ás 18.00 horas, terá lugar a mesa redonda ‘REVERSO. Oralidade, tradición e feminismo’, con Uxúe Alberdi e Miren Amuriza. E, ás 20.00 horas, terá lugar no escenario improvisación un brindo da man do Colectivo Erre que Erre, un bertso, con Uxúe Alberdi y Miren Amuriza, e unha regueifa, co Caruncho e Os d’Herbón.

Por última actividade do sábado, Aldaolado, High Paw e O Rabelo levarán a cabo un sincero pinchacumbias no escenario musical, para pechar a xornada.

Pola súa parte, o domingo comezará cunha ruta ás 11.00 horas por Ferreiros da man das veciñas e ás 13.00 horas será a quenda da sesión vermú con músicas de Ferreiros e Romances Guímaros.

Juan Pablo Veneditti deseñou o cartel, no que se inclúen todas as actividades que terán lugar nesta primeira edición, que conta coa financiación dos fondos Unión Europea-NextGenerationEU a través da subvención Territorio Cultura.