Skip to main content
Sober

As clases de ioga no Concello de Sober terán lugar os luns e xoves durante os meses de verán

Por 8 Xullo, 2023Sin comentarios

Sober amplía os seus horarios das clases de ioga durante os meses de verán, que terán lugar no Colexio de Sober os luns e xoves de 20.00 a 21.00 horas.

Ademais, as persoas interesadas nestas actividades, pero queiran probar antes de apuntarse, poderán dispoñer dunha clase de proba. Da mesma maneira, as persoas que só poidan participar un día, luns os xoves, tamén poderán facelo desa maneira.

O ioga é unha práctica saudable que, segundo os que a practican, contribúe a conseguir un equilibrio entre a mente e o corpo.