Skip to main content
Sober

Sober acolleu a visita as bodegas Rectoral de Amandi dalgúns membros do Partido Popular

Por 12 Xullo, 2023Sin comentarios

Membros da candidatura do Partido Popular ao Congreso e ao Senado pola provincia, o coordinador xeral do PP lucense, José Manuel Balseiro, e o cabeza de lista do PP ao Congreso pola provincia de Lugo, Francisco Conde, visitaron as bodegas Rectoral de Amandi, en Sober, amparadas pola Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

Francisco Conde subliñou durante a súa intervención a súa “máxima vinculación con esta terra” e recoñeceu o esforzo dos produtores e viticultores para obter a excelencia nos seus caldos. Así mesmo, explicou que a Xunta quixo consolidar a posición e recoñecemento do sector reafirmándoo como punta de lanza do agro galego e “agora queremos levar ese compromiso ao Goberno de España”.

Así, destacou “a posición e o recoñecemento do sector vitivinícola galego, claves dentro e fóra da nosa comunidade” e explicou as medidas que recolle o programa electoral do Partido Popular para “contribuír á consolidación e internacionalización do sector”.