Skip to main content
Sober

O Centro Sociocultural de Sober acolle este venres un concerto de Emilio Rúa

Por 13 Xullo, 2023Sin comentarios

O cantante Emilio Rúa actuará este venres, 14 de xullo, no Centro Sociocultural de Sober a partir das 20.00 horas e as persoas interesadas en escoitar a súa música poderán facelo de maneira gratuíta.

Durante o concerto, o cantautor interpretará temas do seu novo libro-disco ‘Lendas no Camiño’, que recolle historias de distintos lugares de toda Galicia.

Así, poderase contemplar e desfrutar dun músico que leva encima dos escenarios dende os 5 anos, cando ía coa orquestra de seu pai. Anos despois, xa ten oito discos publicados en solitario.