Skip to main content
Sober

Dous equipos femininos sénior participan da segunda edición do Torneo Fútbol Sala de Sober

Por 18 Xullo, 2023Sin comentarios

A segunda edición do Torneo Fútbol Sala Concello de Sober comezou este luns e desenvolverase durante cinco días, ata o vindeiro 23 de xullo, domingo, no que varios equipos de fútbol sala se enfrontarán para conseguir a victoria.

Así, haberá un trofeo campión e subcampión por cada categoría (benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil e feminino sénior); así como un trofeo por mellor porteiro, máximo goleador, unha distinción ao quiniento ideal de cada categoría e medallas para os xogadores dos primeiros equipos clasificados da categoría.

Os equipos participantes son, na categoría benxamín, Forestal C&A, Tarantinos, Confitería Moure e Miny Bunny; na categoría alevín, Abante FS e Atletico Mikasa; na categoría infantil, Mouchos FC, Borderlains, Porkynos, Aston Birra, Relampago FC e Nothingan Miedo; na categoría cadete, Millan FS e Eternas promesas; e na feminino sénior, Madia leva e La Fleireneta.