Skip to main content
Taboada

A primeira xuntanza de escalada de Taboada está organizada pola Asociación Cultural O Carballo

Por 16 Xullo, 2023Agosto 28th, 2023Sin comentarios

A Asociación Cultural O Carballo organiza o vindeiro 5 de agosto a primeira xuntanza de escalada deportiva en Taboada coa colaboración do Concello a través da súa área de Cultura, Deporte e Medio Rural.

Esta iniciativa, que se desenvolverá no San Cristovo co obxectivo de promover este deporte, contará con instrutores formados para que as persoas que queiran participar poidan facelo, xa teñan destreza na escalada ou queiran comezar de cero.

Así, desde as 10.00 ata as 20.00 horas as persoas participantes poderán desfrutar da escalada, da compañía dos seus veciños, dunha comida popular de balde e tamén haberá sorteos para animar a participar.