Skip to main content
Cultura SARRIAXASarria

Marisa Arias, encargada de Electronova: “Gústame que os meus clientes leven o mellor”

Por 22 Xullo, 2023Xullo 23rd, 2023Sin comentarios

Falamos con Marisa Arias Bello, encargada da empresa Electronova de Sarria, situado na Rúa Nova, número 56.

Como xurdiu a idea de poñer en marcha Electronova?

No ano 2007, cando a miña filla fixo os 18 anos, eu pensei en ter unha actividade laboral para estar entretida e como o meu marido é electricista, decidimos montar a empresa Electronova como unha forma de complementar o seu traballo.

Decidimos poñelo en marcha en Sarria porque nós somos de Sarria e xa tiñamos un local habilitado para poder abrir aí a tenda, pero non foi un motivo de necesidade na vila, xa que hai máis tendas como a nosa e cada unha ten as súas características.

O que si é certo é que nós levamos a cabo un trato moi personalizado cos nosos clientes e, incluso, poderiamos dicir que un trato familiar, xa que eu quero que os clientes formen parte da miña vida e que se sentan ben e que sentan que estamos pendentes do que necesitan.

Que servizos ofrecen?

Ofrecemos diversos produtos para a casa, como son electrodomésticos, sistemas de iluminación, tanto de electricidade como de decoración, tamén e utensilios do fogar (enxoval). Así como temos robots de cocina, frixideiras de aire -que se venden ultimamente moitísimo- e cafeteiras automáticas.

Todos estes obxectos están orientados á venda particular, aínda que tamén temos vendido algún sistema a carpinteiros ou autónomos.

Ademais, ofrecemos todo o servizo técnico deses produtos, así como vendemos en tenda, pero tamén a domicilio con custo 0. É dicir, nós encargámonos de todo, a menos que teñamos que facer unha instalación ou algún traballo de fontanería ou electricidade que non poidamos facer, nese caso si que contratamos a algún autónomo.

As persoas que compran un electrodoméstico van ter a facilidade de poder dispoñer del na súa casa sen que lle cobremos nada por levarllo e normalmente facémolo nós, xa sexa eu o meu marido.

Como é o trato cos clientes?

Como comentaba ao principio, nós intentamos ter un moi bo trato cos clientes. Temos moitos clientes fieis porque aquí trátase de, ademais de vender, tratar dunha forma moi familiar á xente. É máis, hai xente que xa non vén á tenda, chámame e dime que necesita algo e lévollo.

Eu o que mais valoro é que a xente confíe en nós, xa que estou convencida de que as cousas van saír ben. Non me gusta enganar á xente, polo que sempre son sincera para que a xente se sinta a gusto.

Se eu lle digo a alguén que merque unha lavadora LG non é porque eu gañe máis vendendo esa lavadora, senón que é a mellor opción. Gústame asesorar á xente porque quero que eles se vaian co mellor e coas súas posibilidades económicas. Eu axústome ao que me piden.

Cando eu vou a unha tenda pequena, o que me gusta é o trato personalizado e que me asesoren e me digan a verdade, e é o que eu trato de facer cos meus clientes. Para min iso é prioritario porque me gusta que mo fagan e é o que eu fago na miña tenda.

Que tipo de electrodomésticos teñen?

Temos lavalouzas, lavadoras, neveiras, frigoríficos, secadoras, fornos eléctricos… E traballamos con todas as marcas do mercado, sobre todo coas mellores do mercado, as que non nos dean problemas e mellor servizo técnico ofrezan. Nós queremos que os produtos que vendamos non nos dean problemas e teñan servizo técnico en garantía para ofrecer o mellor aos nosos clientes e que confíen en nós.

Concretamente, as mellores marcas que temos e que menos problemas nos dan son as dos grupos Balay, Bosch, Siemens, LG, Teka e Beko.

De que tipo de sistemas de iluminación dispoñen?

Temos material eléctrico e iluminación decorativa, como lámpadas, flexos, todo tipo de  bombillas e iluminación técnica. Neste caso, confiamos nas marcas Schuller e Electron, entre outras.

Que novidades hai no sector este ano?

Como novidades, acaban de chegarnos unhas lavadoras marca Siemens 700, que, ademais de dosificar, calculan a hora á que tes que poñer a lavadora segundo o gasto na túa factura da luz, o tempo que vai tardar, a cantidade de auga que vai usar, a cantidade de xabón que necesita… É unha pasada e xa vendemos unha.

Ademais, tamén nos chegou un novo tipo de secadoras Tripla Plus con funcións parecidas ás das lavadoras, pero neste caso da marca LG, e que son híbridas. Estas permiten unha capacidade de 10 quilos.

Outra cousa nova que saíu é o mesado con extracción incorporada, que iso é moi novo e é moi interesante para as cociñas, como os fornos a vapor, que cada vez están máis de moda para comer máis saudable.

Tamén temos frigoríficos máis grandes do normal, con capacidade XXL, e como novidade, agora os lavalouzas traen todos unha aplicación para que os poidas controlar desde o móbil.