Skip to main content
O Incio

O Incio acollerá a proxección da película ‘Nicky la aprendiz de bruja’ este mércores

Por 11 Xullo, 2023Sin comentarios

Este mércores, 12 de xullo, terá lugar unha nova sesión de Cine na Rúa no Incio diante do local Multiusos para todos os nenos e nenas e familias interesadas en participar.

Así, a partir das 22.30 horas proxectarase a película ‘Nicky la aprendiz de bruja’, un filme infantil e de animación no que a protagonista vivirá diversas aventuras das que os nenos e nenas do Incio poderán sentirse partícipes.

Con esta actividade, foméntase a creatividade dos pequenos e é unha forma de xuntar aos veciños e veciñas do municipio nunha actividade especial.