Skip to main content
Láncara

O Puebla Futsal gaña o I Torneo da Amizade contra o SD O Páramo

Por 3 Xullo, 2023Xullo 4th, 2023Sin comentarios

O Torneo da Amizade organizado polo club de fútbol Puebla Futsal e o SD O Páramo e no que se enfrontaron estes dous equipos de Láncara e O Páramo celebrouse este sábado, 1 de xullo, e rematou coa victoria do equipo lancarés.

O enfrontamento xugouse no seu campo, no pavillón municipal da Pobra de San Xiao, onde o Puebla Futsal adoita xogar a fútbol sala. Porén, o SD O Páramo, que no está acostumado a este tipo de solo, xa que xogan fútbol campo, perdeu nesta final.

A concelleira Alba Sangil entregou o trofeo aos campións, que agradeceron a presencia do goberno local no enfrontamento, acompañados tamén do alcalde do Páramo e outras autoridades.

Este mesmo día, ademais, tivo lugar a cea baile organizada polo Puebla Futsal, onde veciños e veciñas compartiron co equipo e afeccionados “unha velada chea de bos momentos, agasallos e na que se nota o cariño que a xente lle ten ao equipo”, defenderon desde o goberno local de Láncara.