Skip to main content
Láncara

A Pobra de San Xiao xa conta coa súa nova rotonda de entrada á localidade

Por 5 Xullo, 2023Xullo 6th, 2023Sin comentarios

Láncara xa conta cunha nova rotonda de entrada á Pobra de San Xiao desde a LU-546 que inclúe unhas grandes letras co nome da localidade, que ademais están a piques de acenderse e quedar iluminadas, para que as persoas que cheguen á Pobra de San Xiao teñan claro onde están.

A obra fora adxudicada á empresa Ovisa por un custo de 290.000 euros que financiou o Concello de Láncara despois de modificar un crédito, un cambio aprobado polo pleno para poder contar na vila con esta infraestrutura de 33 metros de diámetro e que ademais conta con céspede artificial.

Así, durante dous meses leváronse a cabo os traballos para expropiar uns terreos de 162 metros cadrados, acometer as actuacións necesarias na vía e instalar a nova rotonda, que ademais inclúe no proxecto incorporar no futuro un carril bici.