Skip to main content
Láncara

A área recreativa Manuel Fernández Arrojo de Láncara acolle a proxección dunha película este venres

Por 12 Xullo, 2023Xullo 13th, 2023Sin comentarios

Este venres, 14 de xullo, terá lugar unha proxección de Cine na Rúa da película ‘El extraordinario viaje de T.S. Spivet’ a partir das 22.30 horas na área recreativa Manuel Fernández Arrojo de Láncara.

O filme trata dun neno de dez anos que vive nunha granxa e que foi desenvolvendo un talento innato para a cartografía e os inventos. Un día, recibe a noticia de que o museo Smithsonian concedeulle o prestixioso Premio Baird pola invención da máquina do movemento perpetuo. Convídano a unha recepción e, sen dicirlle nada a ninguén, embárcase nun tren de mercadorías para chegar a Washington D.C.

Con esta actividade, foméntase a creatividade dos pequenos e é unha forma de xuntar aos veciños e veciñas do municipio nunha actividade especial.