Skip to main content
Láncara

A primeira fin de semana de agosto, a parroquia de San Xoán de Muro de Láncara celebra as súas festas

Por 17 Xullo, 2023Xullo 18th, 2023Sin comentarios

Os vindeiros 5 e 6 de agosto a parroquia de San Xoán de Muro, en Láncara, acolle as súas grandes festas na honra á Virxe das Neves e San Xoán, que incluirán distintas actividades para os veciños e veciñas.

Así, o día 5 sábado, comezará a xornada coa misa solemne ás 13.00 horas, seguida da procesión e da sesión vermú co Dúo Explosión, que traerá a festa ata a comida popular. Despois, pola tarde, os veciños e veciñas poderán desfrutar da verbena co Dúo Musical e o Grupo Tania Veiras.

Pola súa parte, o domingo 6 de agosto, terá lugar de novo unha misa solemne ás 13.00 horas seguida da procesión e dunha sesión vermú amenizada coa Orquestra Los Españoles. Xa ás 15.00 horas, terá lugar a comida veciñal e, durante toda a tarde, a xornada estará amenizada coa Orquestra Los Españoles.