Skip to main content
Paradela

Paradela acollerá o espectáculo Cirkote de Kote Malabar o vindeiro 10 de agosto

Por 23 Xullo, 2023Agosto 28th, 2023Sin comentarios

O artista Kote Malabar actuará o vindeiro 10 de agosto na piscina municipal de Paradela a partir das 20.00 horas nun acto aberto a todas as persoas interesadas, tanto nenos e nenas como adultos.

Kote Malabar traerá así ao municipio paradelés o seu espectáculo Cirkote, dentro do programa Cultura no Camiño promovido polo goberno galego durante este verán.

Este artista leva preto de 20 anos facendo rir a todo tipo de públicos co seu espectáculo, no que combina técnicas de circo, clown e teatro cómico e de participación, nunha relación directa entre o actor e o público.