Skip to main content
Sarria

Os nenos e nenas de Sarria con diversidade funcional poderán desfrutar de bambáns inclusivos

Por 5 Xullo, 2023Xullo 6th, 2023Sin comentarios

O parque do Chanto e o parque da praza da Vila de Sarria contarán con novas instalacións inclusivas para que os nenos e nenas que teñan diversidade funcional poidan desfrutar igualmente das actividades infantís gratuítas da vila sarriá.

Así, a Concellería de Medio Ambiente será a encargada de levar a cabo as tarefas de colocación dos novos bambáns que poderán ser utilizados por todas as persoas que o precisen co fin de mellorar a incclusividade nos parques infantís de Sarria.

Esta iniciativa, que previsiblemente se estenderá no futuro aos demais parques da vila como intención do goberno local, segue a liña das actuacións levadas a cabo durante o San Xoán de Sarria, durante o cal houbo tres días cunha hora de silencio nas atraccións infantís para mellorar a calidade de vida das persoas que sofren malestar polo ruído, unha proposta que promoveu o BNG de Sarria.