Skip to main content
Sarria

Os máis pequenos xa se poden apuntar ao Mini DHU Vila de Sarria do vindeiro 29 de xullo

Por 9 Xullo, 2023Xullo 10th, 2023Sin comentarios

Xa está aberto o prazo de inscrición para que os nenos e nenas interesados en participar no Mini DHU Vila de Sarria, que terá lugar o vindeiro 29 de xullo, poidan facelo ata o 26 de xullo.

Así, poderán participar ata 3000 nenos e nenas federadas, que non terán que pagar nada, mentres que os non federados deberán asumir un custo de 5 euros.

Os organizadores, do equipo DHG Team de Sarria, defenden que “os cativos serán tamén os protagonistas dunha das competicións máis fermosas coa intención de que os nenos que empecen a participar nestes eventos, sigan ata que sexan adultos e poidan formar parte dos descensos como o DH Molinos ou o DHU Vila de Sarria”.

Ademais, destacan que este ano se formou no club DHGTeam unha escola con 40 nenos “que tivo moito éxito e que contou cos esforzos e a preparación do club, polo que elaboramos as infraestruturas para eles e moi ben. Así, os nenos tamén formarán parte do descenso miniurbano”.