Skip to main content
Sarria

O grupo Atmosfera 0 actuará o vindeiro 22 de xullo no Buril de Sarria

Por 10 Xullo, 2023Sin comentarios

O Buril de Sarria acolle o vindeiro 22 de xullo o concerto do grupo Atmosfera 0 a partir das 23.00 horas, aínda que as portas abrirán ás 22.00 horas.

Así, as persoas interesadas en participar desta iniciativa musical poderán facelo de forma gratuíta no local do Buril.

A banda de Lalín que naceu en 2002 é un grupo de Indie Rock que, tras unha longa traxectoria con aproximacións ao pop, jazz e swing; proxecta sobre o escenario un son persoal e consolidado.

Con 4 discos editados e un extenso repertorio de composición propia, trátase dun proxecto onde teñen cabida reflexións de todo tipo: desamor, contradicións, futuros de ciencia ficción, filosofía ou sarcasmo.