Skip to main content
Sarria

O Grupo Xacobeo propón unha nova ruta para rematar vendo o Ézaro iluminado

Por 13 Xullo, 2023Sin comentarios

O Grupo Xacobeo de Sarria propón para o vindeiro 22 de xullo unha nova ruta, neste caso pola Costa da Morte, e a celebración da Festa da Sangría para todos os participantes.

Así, durante a xornada, que comezará coa ruta de oito quilómetros que irá desde a praia Nemiña e o faro Touriñán, as persoas que participen, que poderán apuntarse ata o vindeiro 20 de xullo, poderán desfrutar da posta de sol e o Ézaro iluminado, xa que será unha ruta de tarde.

Desta maneira, a saída cara a praia Nemiña terá lugar ás 14.30 desde Sarria e ás 15.00 horas desde Lugo e percorrerán unha ruta costeira por unha das zonas máis occidentais de Galicia.

Cando se remate a ruta será o momento da posta de sol, durante a cal celebrarán a festa da sangría e unha merenda campestre antes de ir ata o Ézaro, onde poderán velo iluminado pola noite.