Skip to main content
Sarria

O director da Banda de Música de Sarria será o pregoeiro da Noite Meiga organizada por Meigas e Trasgos

Por 19 Xullo, 2023Agosto 28th, 2023Sin comentarios

Jose Antonio González, director da Banda de Música de Sarria, foi elixido como o encargado de dar o pregón na Noite Meiga de Sarria organizada pola Asociación Meigas e Trasgos.

O director cumpre este ano 30 anos desde que asumiu o labor de dirixir á Banda de Música de Sarria, na que sempre respectou as obras de autores galegos e a música galega en xeral, que inclúe no seu repertorio.

Por todo isto, é a persoa elixida por Meigas e Trasgos para dar o pregón da LI edición da Noite Meiga durante os días 25, 26 e 27 de agosto, nos que haberá diferentes actividades relacionadas co lume, coa música, co baile e coa cultura galega transmitida a través da asociación.

Programa

Desde a Asociación dan unhas pinceladas do que será o programa, aínda que quedan cousas por confirmar, que comezará o 25 de agosto cunha andaina con fachas, que sairán desde o malecón e chegarán ao Parque do Chanto coa novidade de que este ano os nenos tamén poderán levar facha. Despois da andaina e o pasarrúas, rematará o día coa actuación do grupo Luar na Lubre.

Xa o día 26, a previsión é que haxa un pasarrúas pola tarde, que sairá desde o Cruce Cuatro Caminos e que chegará ata o Parque do Chanto para dar lugar, ao final da tarde, ao pregón e as actuacións de todos os grupos que conforman Meigas e Trasgos. Despois, terá lugar a cea de Meigas e Trasgos e, despois dela, a Danza da Noite Meiga, que rematará coa actuación do grupo musical Louband.

Por último, o domingo 27 comezará xa ao mediodía coa celebración do Día da Empanada, que virá acompañada dunha comida pública e a sesión vermú. Por último, durante a tarde terá lugar a Tardiña Meiga, na que os máis pequenos poderán desfrutar de actuacións específicas para eles.