Skip to main content
Sarria

Este sábado O Buril de Sarria acolle o concerto do grupo Atmosfera 0

Por 21 Xullo, 2023Xullo 24th, 2023Sin comentarios

Este sábado, 22 de xullo, O Buril de Sarria acolle o concerto do grupo Atmosfera 0 a partir das 23.00 horas, ao que poderán asistir todas as persoas interesadas, xa que terá entrada gratuíta a partir das 22.0o horas.

Este grupo de música de Indie Rock nace en Lalín en 2002 e, tras unha longa traxectoria con aproximacións ao pop, jazz e swing; proxecta sobre o escenario un son persoal e consolidado.

Con 4 discos editados e un extenso repertorio de composición propia, trátase dun proxecto onde teñen cabida reflexións de todo tipo: desamor, contradicións, futuros de ciencia ficción, filosofía ou sarcasmo.