Skip to main content
Triacastela

Arthur Manton asinou no Libro de Ouro do Concello de Triacastela

Por 10 Xullo, 2023Xullo 11th, 2023Sin comentarios

O pintor inglés Arthur Manton, afincado na aldea da Balsa, Triacastela, desde hai 16 anos, vaise unha temporada a Londres para expoñer por cuarta vez as súas obras no Castelo de Windsor.

Manton, que abriu a Art’s Gallery no concello da comarca sarriá para amosar a súa arte a peregrinos e visitantes, asinou no Libro de Ouro do Concello de Triacastela.

Ademais, tamén deixou unha das súas creacións que pintou na súa galería da Balsa e que permanecerá para sempre nas súas páxinas.