Skip to main content
Triacastela

As grandes festas de Cancelo, en Triacastela, terán lugar o vindeiro 25 de xullo

Por 13 Xullo, 2023Sin comentarios

A parroquia de Cancelo, en Triacastela, acolle as súas grandes festas o vindeiro 25 de xullo, coincidindo co Día de Galicia e o día na honra de Santiago Apóstol.

Así, a xornada comezará ás 13.00 horas coa misa solemne, que virá acompañada da sesión vermú, da man da actuación do Trío Blanca Doble.

Ademais, durante a sesión vermú haberá inchables gratuítos para os nenos e nenas e tamén pola tarde, a partir das 17.00 horas, para que os máis pequenos tamén poidan desfrutar das festas, mentres que os adultos socializan cos seus veciños.

Por último, xa á noite, a partir das 21.00 horas, celebrarase a cea popular onde todos os participantes poderán degustar produtos típicos, así como desfrutarán da festa e verbena que traerá de novo o Trío Blanca Doble.