Skip to main content
Triacastela

Triacastela acolleu a visita de varias persoas da Fundación Down de Lugo

Por 14 Xullo, 2023Xullo 15th, 2023Sin comentarios

Un grupo de homes e mulleres da Fundación Down de Lugo fixeron unha visita ao Concello de Triacastela a pasada fin de semana na que se achegaron ata a árbore centenaria de Ramil, desfrutaron dun xantar na Praza do Concello, visitaron Quesos López e asistiron a un espectáculo teatral.

Ademais, foron ata a Casa Consistorial do Concello, onde foron recibidos pola alcaldesa, Olga Iglesias, e asinaron no Libro de Ouro do municipio. Un dos mozos explicou que quere ser político e que lle gusta o mundo do audiovisual.

As persoas que forman parte da asociación desfrutan organizando actividades e desde a entidade apóiase a que consigan os seus soños, como unha das rapazas que estaba no encontro, que foi a primeira muller con síndrome de Down que conseguiu ter traballo en Galicia. Outro dos mozos, pola súa parte, sufriu dobre discriminación social pola súa discapacidade e pola súa condición étnica e agora ten un traballo estable e é un exemplo a seguir na asociación.

Con respecto a outras dificultades, hai quen tivo que se facer responsable dos coidados dos seus pais, polo que desde o Concello de Triacastela defenden que “as dificultades que atopan no camiño non son obstáculo para seguir perseguindo os seus soños e para manter vivas as súas ilusións. De aí a importancia de darlles visibilidade e axudarlles”.

Así, a entidade local di estar “orgullosa de achegar o seu gran de area para que as persoas con síndrome Down poidan participar de actividades cotiás e habituais na súa contorna social”.

Triacastela amos desta maneira o seu compromiso, colaborando con estas actividades de divulgación e concienciación para promover un cambio social no que as persoas con discapacidade intelectual sexan aceptadase respectadas como parte da diversidade.