Skip to main content
Comarca TERRACHÁXA

A gañadería da comarca triunfa no Concurso da Raza Frisona de Feiradeza

Por 3 Xullo, 2023Xullo 4th, 2023Sin comentarios

A 38º edición do Concurso da Raza Frisona de Feiradeza rematou esta fin de semana con senllos recoñecementos para as ganderías da comarca, xa que a ganería A Lagoa Serabel de Xermade e SAT Rey de Miñotelo da Pastoriza obtiveron os premios máis destacados do certamen.

A vaca xermadesa Kergo Ozalid 6818 proclamouse Vaca Gran Campioa do Open Internacional de raza Frisoa, Feiradeza 2023. O lugués, Bonet Cid, xuíz internacional de Conafe encargado de xulgar o certame, escolleu este animal como vencedor do Open Feiradeza entre outros motivos pola súa boa estrutura leiteira.

Precisamente, minutos antes de ser escollida como mellor vaca, o propietario, Abel Carballo Penas, recibía a distinción como mellor manexador do concurso. A vaca Rey 946 Jacoby Mahendra da SAT Rey Miñotelo, da Pastoriza, quedou como Reserva Gran Campioa do Open.

O certame de Feiradeza e o Open deron xa comezo o venres, co concurso de novos preparadores de gando. Lorena Rodríguez Alvite, de Pol, resultou a gañadora. Así mesmo, a Ganadería Casa Pozo, de Saa, Lugo, obtivo os dous premios dispoñiles en vaca en produción con lactuación vitalicia.

Durante a xornada do sábado valoráronse ademais as seccións de tenreiras e xatas. Rey 1085 Moovin Soly ET, de Rey de Miñotelo, foi elixida como Gran Campioa do Open Feiradeza 2023. Tamén gañou Rey 1193 Haxl Zynal a Sección tenreira mentres que Rey 1065 Thunderstorm Rosiña foi segunda en xatas.

Tamén houbo premio para Rey 946 Jacoby Mahendra da mesma granxa pastoricense.