Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

A piscina de Castro de Rei abre hoxe e mantén os abonos de tempada

Por 1 Xullo, 2023Sin comentarios

A piscina de Castro de Rei abre hoxe, 1 de xullo, as súas portas, e permanecerá en uso ata o 3 de setembro.

Como en anos anteriores o seu horario será de luns a domingo de 12.00 a 20.00 horas.

As entradas terán un custe de 2 euros para adultos (a partir de 18 anos); 1,50 para os que teñan entre 12 e 18, e de 1 euro para o resto. Os menores de 3 anos non pagan.

Establécense tamén abonos de tempada, que terán un prezo de 40, 30 e 20 euros, respectivamente en cada unha das categorías. O abono por familias será de 60 euros, para pais e fillos menores de 15 anos.