Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Véndense 20 reses nunha poxa na Granxa Gayoso Castro entre unha decena de gandeiros

Por 5 Xullo, 2023Sin comentarios

A subasta deste rabaño estivo formada por vacas femias de raza frisoa e cachena de entre 1 e 2 anos, seis delas femias con cría. O prezo máis alto foi de 1.400€.

A Deputación de Lugo celebrou este martes unha poxa pública de gando na Granxa Gayoso Castro, na que se venderon por un prezo de 20.850€ un total de 20 cabezas de gando bovino das instalacións provincias. O rabaño subastado estivo formado por dous lotes compostos por femias de vacún maior de raza frisoa, e tres lotes de vacas de raza Cachena de entre 1 e 2 anos, das que 6 das 10 subastadas foron femias con cría. Unha decena de gandeiros e gandeiras achegados de toda a provincia poxaron por estes animais, que acadaron un prezo medio de 1.042,5.

A poxa foi en vivo, a man alzada, e con sistema ascendente, de xeito que comezou cun prezo de saída establecido para cada categoría, que se foi incrementando a través de sucesivas poxas, en tramos de 50€. O prezo máis alto pagouse por un exemplar femia con cría de raza Cachena, que alcanzou os 1.400€.

Entre os animais de raza frisoa o prezo máis alto foi o dun exemplar femia, que se vendeu en 1.150€. As cotizacións superaron en todas as poxas o prezo de saída fixado. O exemplar máis valorado, a Cachena con cría vendida en 1.400 euros, foi a parar a un gandeiro con explotacións en Navia de Suarna e Outeiro de Rei. Desde a Granxa Gayoso Castro estase a facer un traballo importante pola conservación, promoción e comercialización desta raza autóctona en perigo de extinción, e de gran versatilidade para o pastoreo e a conservación do medio ambiente.

A través da Granxa Gayoso Castro e os diferentes proxectos de investigación e recría, a Deputación de Lugo impulsa o sector primario da provincia, dende unha visión global e estratéxica do territorio e dende o coñecemento da súa realidade e oportunidades.