Skip to main content
Castro de Rei TERRACHÁXA

Castro de Rei comezará as súas festas cunha churrascada

Por 11 Xullo, 2023Sin comentarios

A parroquia de Castro de Rei xa ten listo o programa das súas festas patronais, que se celebran na honra de San Xoán pero que teñen as súas datas de celebración entre os días 14 e 16 de xullo.

As celebracións darán comezo cunha churrascada popular o venres a partir das 21.30 horas na que poderán participar todos os asistentes e á que seguirá a gran verbena, que nesta ocasión corresponderá ao grupo Merengue.

O día 15 será o día grande. Non faltarán os oficios relixiosos a partir das 13.30 nos que haberá misa solemne. A continuación a sesión vermú estará a cargo do grupo Merengue de novo.

Xa pola noite, este memos grupo iniciará a sesión da verbena na que o prato forte será tamén a actuación do grupo Beatriz.

O 16 continuarán as celebracións, que se abrirán ás 13.30 coa misa á que seguirá a actuación de Stereo, que fará dobre sesión, ao mediodía e á noite coa verbena.

ANSEMAR

Tamén esta fin de semana terán lugar as patronais na parroquia de Ansemar, que están dirixidas á Virxe do Carme. Estas darán comezo o sábado, ás 13.30 horas, coa misa e a procesión. O grupo Fénix será o encargado da sesión vermú e da verbena nocturna, nesta ocasión xunto a La Fórmula.

O domingo 16 seguirán as celebracións coa actuación do dúo X-Plosión, que fará a sesión vermú de fin de festa despois da misa, que dará comzo ás 13.30 horas.