Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Unha actuación animará a última feira do mes en Castro de Rei

Por 16 Xullo, 2023Sin comentarios

A última feira do mes en Castro de Rei, que coincide o día 30, será unha feira diferente xa que contará cunha actuación dentro do programa Tradigalu, organizado pola Vicepresidencia da Deputación.

Así, desde as 11.30 horas haberá ruada e música tradicional a cargo de Toleaches pola peneira desde o CEIP Ramón Falcón ata o campo da feira.

Ao finalizar a feira haberá un sorteo de 120 euros en vales de compra da promoción Compra en Castro de Rei no Campo da Feira.

PAGO DA COTAS

Ademais o colectivo Amigos da Feira, organizador destes eventos, lembra que o último domingo de feira de cada mes de 13:00 a 14:00 están no local da asocación ubicado no Campo da Feira de Castro de Rei para o pago de cotas, a recollida de carnés e a realización de novas inscricións

A cota anual para o 2023 mantense en 12 euros por persoa. En cumprimento cos estatutos, para manter a condición de socia/o no 2023 cobraranse as cotas atrasadas do 2022.

O pago poderá efectuarse en efectivo no acto ou realizando unha transferencia ou ingreso á conta da Asociación Amigos da Feira na Caixa Rural Galega