Skip to main content
Cospeito

Muimenta arrancará as súas patronais un día antes cun concurso de tortillas

Por 2 Xullo, 2023Xullo 3rd, 2023Sin comentarios

A localidade de Muimenta celebra as súas festas patronais na honra de San Cristóbal e Santa Mariña a partir do xoves, día 6. O máis destacado do programa deste ano é que as festas dan comezo antes polo que serán 4 días de celebracións.

A festa arrancará con dúas actuacións, a do grupo de música tradicional Mestura de Nete e a do disco móbil Eventec. Destaca a novidade do concurso de tortillas no que pode participar calquera persoa, non é necesario ser de Muimenta e haberá premios de aceites Abril para a tortilla máis pequena, máis grande, máis orixinal e máis saborosa que non poden coincidir entre si, e despois haberá un premio especial para o participante de maior idade e de menor idade. Non é necesario apuntarse con antelación.

O venres 7 haberá sesion verbena e contará música para todos os gustos. Estarán Airiños da Freba, xunto a Mekanika Rolling Band e a orquestra Los Españoles.

O sábado comenzarán as actividades de mañá. Haberá misa solemne ás 13.30 horas seguida da procesión, na que participará o grupo local Asubíos da Chaira. Non faltará a sesión vermú, a cargo de Puzzle, quen tamén se encargará da verbena xunto a Los Satélites.

O domingo, último día de festas haberá misa á mesma hora e nesta ocasión será Charanga 555 a que se encargue de acompañar a procesión. Rematará esta coa tradicional Bendición de Coches, no campo da Igrexa Vella.

A sesión vermú e a  verbena estará cargo de D’Noche. Pola noite tamén actuará Antonio Barros.

Ademais, o xoves e o domingo pola tarde haberá xogos para os nenos.