Skip to main content
Cospeito

A Escola Infantil de Cospeito engade unha unidade máis e instala unha cociña

Por 7 Xullo, 2023Xullo 8th, 2023Sin comentarios

O Concello de Cospeito vén e facer públicas as listas de admitidos na Escola Infantil Municipal do Concello de Cospeito. Estas poden consultarse no taboleiro de anuncios do Concello e no da propia Escola Infantil.

Como novidade o curso escolar 2023/24, que se inicia en setembro, contará cunha unidade máis na escola o que fixo posible a ampliación de prazas. Esta medida tomouse, como indicou o alcalde, “trala ampla demanda rexistrada este ano”.

Por outra banda, o Concello de Cospeito explicou que fixo un investimento importante na escola o que lle permitiu dotar de mobiliario de cociña á escola. Deste modo o Concello anunciou que neste curso substituirase o servizo de catering polo servizo de cociña propia e contará con persoal de cociña que preparará a diario os menús na escola para os nenos con productos adquiridos no comercio de cercanía “o que redundará na mellora da calidade e dos servizos prestados”, dixeron.