Skip to main content
Cospeito

80 persoas participaron hoxe en Muimenta na sesión práctica do curso de xuíces de gando

Por 20 Xullo, 2023Sin comentarios

Muimenta acolleu unha nova actividade organizada pola Confederación Nacional de Raza Frisona – Conafe e pola Federación Galega de Raza Frisoa – Fefriga, a valoración de gando da escola de Xuíces, que tivo lugar hoxe no Recinto Feiral Manuel Vila López de Muimenta.

Ao longo de toda a xornada, tanto de maña como de tarde, unhas corenta cabezas de gando permaneceron nas naves do gando do Recinto Feiral Manuel Vila de Muimenta, para que os oitenta participantes, procedentes de toda España, evalúen dito gando.

O gando chegou pola tardiña do mércores 19 ao Recinto Feiral Manuel Vila, e regresará as súas graxas esta noite, unha vez rematada a evalución dos aspirantes, que se realizou en xornada de maña (vacas) e de tarde (xatas), para, con posterioridade visitar dúas granxas da provincia.

As actividades de hoxe xoves, no Recinto Feiral Manuel Vila López de Muimenta, comezou coa presencia da comisión da XXXIX Moexmu, co seu presidente Daniel Pollán ao fronte, o alcalde de Cospeito, Armando Castosa, o deputado provincial Francisco Cajoto (delegado da Área de Recursos Sostibles da Deputación Provincial de Lugo), os Xefes Territoriais da Xunta de Galicia, tanto o de Educación (María José Gómez) e de Presidencia (Gerardo Criado) e o presidente de Africor Lugo, Fefriga e Conafe, Manuel Sandamil Cabana.

Este tipo de formacións son a base para os futuros xuíces e xuízas da raza, pero tamén son de utilidade para todos os criadores de gando frisón, que aprenden a valorar e seleccionar os animais con criterios obxectivos, o que sen dúbida, unha vez aplicado nas súas explotacións lles vai axudar a mellorar o seu rabaño.

As granxas lucenses que colaboran con esta actividade son: S.A.T. A Vereda, S.A.T. Rei de Miñotelo, S.A.T. Teixeiro e S.C. Casa Pozo.

A XL Escola Nacional de Xuices Gandeiros inaugurouse o mércores 19 de xullo en Santiago de Compostela e se clausura o venres 21, pola tarde, en Pontevedra.

No ano 2005, o Recinto Feiral Manuel Vila xa acollera unha xornada da Escola de Xuíces desa edición.