Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Friol volveu celebrar unha multitudinaria Festa do Maior durante as patronais

Por 11 Xullo, 2023Sin comentarios

Un ano máis, o pavillón de Friol acolleu a celebración Día do Maior cun xantar no que participaron centos de veciños, que puideron desfrutar dun menú galego en plenas festas patronais.

Na celebración, patrocinada e organizada polo Concello de Friol, non faltou a festa, a conversa e o recoñecemento aos maiores do termo municipal.