Skip to main content
Guitiriz

Daniel Castro comprométese coa veciñanza de Parga pola situación do tren

Por 10 Xullo, 2023Sin comentarios

O candidato do BNG mantivo un encontro coa veciñanza, onde coñeceu de primeira man as reclamacións a respecto da obra proxectada por Adif.

O cabeza de lista do BNG por Lugo ao Congreso, Daniel Castro, visitou a vila de PArga, onde se interesou pola situación das obras planificadas por Adif. Daniel Castro afirmou que “vemos positivo que se eliminen os pasos a nivel, mais este tipo de actuacións teñen que realizarse garantindo as mellores condicións para a veciñanza da zona”.

O candidato do BNG anunciou que defenderá no Congreso que Adif escoite as necesidades das veciñas e veciños de Parga antes de proceder á execución das obras. “As veciñas e veciños de Parga levan moito tempo reclamando que Adif escoite as súas reclamacións”, afirmou Daniel Castro, que engadiu “un grupo galego forte do BNG traballará para defender á veciñanza de Parga ante unha obra planificada desde Madrid e que non tivo en conta as necesidades da veciñanza”.

Para a mellora do transporte en Ferrocarril, o BNG propón actualizar a rede interior ferroviaria galega nunha intervención que debe incluír, cando menos, actuacións nos tramos A Coruña–Ferrol (incluíndo as obras do bypass de Betanzos), A Coruña–Lugo e Vigo–Fronteira Portuguesa, a modernización da liña de ancho métrico Ferrol–Ribadeo, a aceleración dos traballos da Saída Sur de Vigo e o inicio dos trámites para a construción da conexión ferroviaria directa entre Santiago de Compostela e Lugo.