Skip to main content
Guitiriz

Guitiriz acolle o xoves un espectáculo aéreo de circo

Por 12 Xullo, 2023Sin comentarios

A praza do Campo da Feira de Guitiriz acolle este xoves, 13 de xullo, a actuación de Sue Moreno 4.0, un espectáculo de técnicas aéreas circenses que inclúe danza e música.

A actuación terá lugar ás 19:00 horas dentro do programa Cultura no Camiño destinada para todos os públicos.

A artista estará colocada nunha estrutura autónoma de 6 metros.